6ª Etapa do Camiño Portugués + Como foi o Camiño

Botamos a andar para percorrer o último tramo do Camiño Portugués.  Á nosa chegada a Santiago gozaremos dun xantar especial e intercambiaremos coñecementos, experiencias, vivencias e anécdotas acerca do Camiño.

Vive o Camiño

Conta as túas anécdotas

Comparte experiencias

Compartimos a experiencia do Camiño

A modo pequena homenaxe do Camiño Portugués, realizaremos a súa última estapa, dende A Escravitude e O Milladoiro ata a Catedral de Santiago. 

Despois do xantar na Hospedería San Martín Pinario organizamos unha pequena charla-coloquio para poñer en valor a riqueza do patrimonio humano, cultural e de confraternización inherente á experiencia da peregrinación á catedral compostelá.

Contaremos coa presenza da “Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago de Compostela” (AGACS), peregrinos que estean de paso e todos aqueles interesados nesta xuntaza. Durante esta conversa, escoitaremos testemuños reais e intercambiaremos coñecementos e aprendizaxe, que nos axudarán a comprender o verdadeiro significado do Camiño, de xeito que cada un atope a súa motivación individual para emprender tal aventura.

Pola súa parte, os membros de AGACS compartirán cos presentes a súa visita ao Consello Europeo de Bruxelas con motivo do aniversario dos trinta anos dende a declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo. Feito que resalta a importancia do Camiño como vía de comunicación e difusor cultural partícipe da identidade europea.

Data e punto de encontro

A data deste evento é o 26 de outubro, e conta con dous horarios: 

– Ás 8:30 h para os que decidan camiñar dende A Escravitude (20 km a Catedral)

– Ás 10: 30 h para os que decidan camiñar dende O Milladoiro (8 km ata a Catedral)

O punto de encontro será o Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), onde nos estará agardando un autobús, ás 8:30 (primeiro grupo) e ás 10:30 (segundo grupo) para levarnos ata A Escravitude (Padrón) e o Milladoiro. 

Os dous grupos xuntaranse no Milladoiro para chegar á Catedral.  

Prezo

O prezo do xantar será un prezo simbólico de 10 euros para adultos e 5 euros para os cativos.

 Queres participar nas nosas actividades?

9 + 13 =