Camiñante, hai camiño

“Camiñante, hai camiño” trátase dunha actividade moi especial, na que se combinan tres obxectivos moi importantes: o coñecemento do patrimonio descoñecido do Camiño Portugués, a inserción de colectivos en risco de marxinación en actividades sociais e a aposta pola sostibilidade e o coidado medioambiental.

Descubre o Camiño Portugués

Aposta pola inclusión social

Toma conciencia en materia medio ambiental

Coñece o Camiño Portugués

Aberta a toda a comunidade interesada en participar, durante esta actividade, percorreremos unha parte do Camiño Portugués, acompañados por un grupo de persoas pertencentes á Comunidade Terapéutica do Centro Alborada localizado en Tomiño (“Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga” para a prevención, o tratamento e incorporación social).

Faremos paradas obrigadas en tódolos exemplos de construcións de arte gótica, renacentista e barroca, así como nos bosques centenarios, que agocha o Camiño. Para non perder o fío, contamos cunha guía-itinerario en papel e en versión dixital, creada en específico para esta andaina, que nos servirá de orientación e que se repartirá a tódolos participantes. Así, ao longo do percorrido contemplaremos edificacións de grande riqueza patrimonial e, aínda sen chegar a Santiago, coñeceremos unha variedade de anécdotas históricas relacionadas co tramo do Camiño Portugués.

Durante esta camiñata tamén aproveitaremos para facer un exercicio de conciencia sobre a explotación que facemos da natureza. Baseándonos no manual “Boas prácticas ambientais + durante o Camiño de Santiago”, difundiremos información relativa á recollida selectiva dos residuos que xeramos, o uso responsable dos recursos naturais, respecto polas especies de flora e fauna e toma de conciencia das prácticas correctas e incorrectas na interactuación humana co medio ambiente (emisión de ruídos, gases, …). A idea é promover hábitos que respecten o medio ambiente e repercutan positivamente no mesmo.

Datas e horario
  • Os días 13 e 20 de outubro ás dez e media
Punto de encontro

Espiñeiro, 10 – Tomiño (Pontevedra)

Que vou recibir?

A Guía itinerario do Camiño Portugués.

 Queres participar nas nosas actividades?

8 + 5 =