Sobre o proxecto
Comezou a conta atrás para o Xacobeo 2021. Con motivo desta celebración, Galicia énchese de festas, actividades e mostras lúdicas, relixiosas e culturais. Ánimate a participar!
“Non só camiñamos, gozamos do camiño” é unha iniciativa que pretende poñer en valor o Camiño de Santiago, ao mesmo tempo que difunde a cultura, o patrimonio e a gastronomía de Galicia.
O Camiño de Santiago vai máis alá da peregrinaxe, xa que, inclúe os bens naturais e culturais que abrangue, as persoas e as vivencia que o conforman, os pratos típicos que o acompañan e unha longa lista de elementos que fan desta experiencia un acontecemento único e digno de dar a coñecer.
Formanor, empresa promotora deste proxecto de promoción de Galicia, propón catro actividades para destacar os bens naturais e culturais galegos, implicando colectivos en risco de exclusión social, ademais da poboación local.

O Ano Santo Xacobeo é unha experiencia para vivir e compartir
Actividades
Camiñante, hai camiño
Sabores do camiño
Ruta da Pedra e da Auga
Como foi o camiño
Promotores do proxecto

Formanor é unha entidade pertencente ao sector da consultoría, especializada en formación empresarial, plans de formación á medida, xestión de proxectos formativos e desenvolvemento de proxectos de investigación e divulgación. Pertence ao Grupo Isonor, fundado en 1997 como grupo empresarial e integrado por unidades de negocio especializadas en diferentes actividades e áreas de xestión de entidades privadas e públicas.


A Xunta de Galicia pretende implicar a toda a sociedade galega na promoción de Galicia como destino turístico. Aproveita a chegada do Ano Santo para poñer en marcha O teu Xacobeo, un proxecto transversal e multidisciplinar, que abarca a difusión da cultura, o patrimonio, a gastronomía, o deporte e a arte galegos.
Queres participar nas nosas actividades?
